Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
8 de diciembre de 2018
MEDIO RURAL AVANZA NA REESTRUTURACIÓN PARCELARIA DE OUBIÑA 2º SECTOR DE CAMBADOS
A través da enquisa previa ao acordo que establece a Metaga, os veciños poderán facer as alegacións que consideren oportunas
A Consellería do Medio Rural segue avanzando nos procesos de reestruturación parcelaria de toda Galicia e, desta vez, dá un novo paso na reorganización de Oubiña 2º sector, no Concello de Cambados, coa enquisa previa ao acordo, tal e como establece a Lei de Mellora da Estrutura Territorial Agraria de Galicia (Metaga).
En concreto, a dirección xeral de Desenvolvemento Rural, o departamento responsable de levar a cabo estes procedementos, convoca a todas as persoas interesadas a un encontro o próximo xoves 13, no local social de Oubiña, para coñecer os predios de substitución que se lle van asignar aos propietarios e trasladarlle información de interese. Durante o período dun mes a contar dende entón poderán presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas e os documentos que as fundamenten.
Ademais, esta consellería, previa entrega de fichas de atribución, organizará un encontro informativo nese mesmo local social da man dos técnicos que están levando a cabo esta reorganización territorial para aclarar as dúbidas que poidan ter os veciños/as. O encontro está previsto para as 10,00 h da mañá e a continuación e durante todo o día procederase á entrega dos boletíns (de 11,00 a 14,00 e de 15,30 a 18,00 h). Será preciso identificarse a través do DNI ou equivalente.
A partir dese día poderanse consultar os planos no mesmo local ou na web de Medio Rural.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.