Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
10 de noviembre de 2018
TINO CORDAL ELIXIDO OFICIALMENTE CANDIDATO DE SOMOS CAMBADOS PARA AS MUNICIPAIS DO 2019
Esta tarde, en Exposalnés, os inscritos nas primarias votaron a aprobación da candidatura de Tino Cordal como cabeza de lista da agrupación para as vindeiras municipais de Cambados. O proceso comezou ás 18:00 horas coa constitución da mesa, á que sigueu unha breve intervención do candidato. A votación rematou ás 20:00 horas.
Hai que resaltar que o actual concelleiro de Servizos Sociais foi a única persoa que presentou candidatura para este proceso de primarias.
Unha vez finalizado o reconto de votos, proclamouse a Tino Cordal candidato de Somos Cambados para as vindeiras eleccións municipais de maio do 2019. A participación nestas primarias foi do 89,47% e o 100% de votos emitidos foi a favor.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.