Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

13 de julio de 2018

EN MAREA ASINA EN CAMBADOS UN ACORDO DE COLABORACION MUNICIPAL CARA AS ELECCIÓNS DE 2019.


Diferentes formacións municipais de En Marea suscribiron un acordo de colaboración cara ás eleccións de 2019.
Concretamente, este proxecto común está integrado por Somos Cambados, Somos En Marea Sanxenxo e En Marea Pontecaldelas, ademáis de as Mareas de Culleredo e Pontevedra.
A sinatura do acordo terá lugar mañá sábado 14 de xullo en Cambados, nas dependencias de Exposalnés, nun acto no que estarán presentes representantes municipais de cada formación: Tino Cordal (Somos Cambados), Mari Camiña (Somos EM Sanxenxo), Roi Márquez (En Marea Ponte Caldelas)
Tamén asistirán o portavoz nacional, Luis Villares, e a viceportavoz, Ana Seijas, e representantes de doutras localidades coas que a formación de esquerdas xa está a programar “novos Encontros Intermareais, para ir dando a coñecer a nosa proposta, a nosa alternativa ao longo do país”, segundo explican nun comunicado.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.