Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

13 de junio de 2018

A CONSELLEIRA DO MEDIO RURAL RECIBE AOS ALCALDES DE RIBADUMIA E VILANOVA DE AROUSA PARA TRATAR A SITUACIÓN DO VIÑO DE BARRANTES




A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, reuniuse este mediodía en San Caetano cos alcaldes de Ribadumia, David José Castro, e de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, en relación coa situación do viño de Barrantes.
A conselleira, que estivo acompañada polos directores xerais de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo, e de Desenvolvemento Rural, Miguel Pérez Dubois, escoitou as reflexións dos rexedores municipais en torno a esta cuestión e trasladoulles a vontade de Medio Rural de colaborar para fomentar a posta en valor destes viños, a través da implicación de diferentes departamentos da consellería e de entidades como os grupos de desenvolvemento rural. Animounos tamén a impulsar os estudios e análises técnicas pertinentes para buscar no futuro o amparo deste produto cunha marca de calidade.
En fin, nada en concreto. Ningún compromiso serio e firme. 
Pódese decir que os recibeu por cortesía.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.