Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

14 de mayo de 2018

VOLVEN AS VOTACIÓNS NAS QUE O REFUGIO DE ANIMALES NECESITA O VOSO APOIO





Como sabedes cancelaron as votacións anteriores porque houbo trampas. Así que temos que volver empezar... Tedes que confirmar o voso voto dándolle á ligazón que vos chegará ao email. Porfa, que vos necesitan no Refugio!!! Tes un minuto para darlles un voto? Grazas

O Refugio de Animales de Cambados está inmerso nun concurso e precisan a axuda de todos. Como facelo? 

É moi fácil non levará máis dun minuto e co teu voto poderás axudar aos peludos do Refuxio de Cambados a ser elixidos entre os tres candidatos de Heroes Verdes de Casa Crande De Xanceda para gañar un premio de entre 500 e 2.000€.

Vota aquí ➡ https://heroesverdes.com/refugio-de-animales-de-cambados/

E non te esquezas de *compartir* cos teus contactos!!
Cuantos máis votos máis posibilidades!!
Moitas grazas


  • Queremos homenaxear a todos aqueles que traballan día a día por crear un mundo máis sostible.

  • A través da web Héroes Verdes poderase propoñer a aquelas persoas ou entidades que merezan tal galardón.

  • O gañador levarase 2000€ para doar á causa que escolla.


Polo  50 aniversario de Casa Crande De Xanceda coidando vacas e como parte do plan de Responsabilidade Social Corporativa, poñen en marcha o certame Heroes Verdes. Unha acción que persegue atopar a persoas, asociacións ou empresas que loitan, na medida das súas posibilidades, por un mundo máis sustentable, realizando accións que axudan a manter a biodiversidade e o equilibrio ambiental, así como o benestar animal.
Con este novo proxecto queren celebrar eses 50 anos de granxeiros, recoñecendo a eses pequenos actos que fan que todos poidamos desfrutar dun mundo mellor e diverso.

Así funciona o concurso Héroes Verdes
Para iso lanzan a web www.heroesverdes.com a través da cal calquera poderá postular ao seu particular “heroe verde”: familiares, profesores, amigos, asociacións, ong, empresas… En só cinco días desde o seu lanzamento a web xa acumula máis de 30 nomeamentos moi diversos, e aínda esperamos moitas máis! 
Calquera que, no seu día a día, traballe por crear un mundo máis sustentable, tanto se se trata de grandes accións como das máis pequenas que pasan desapercibidas, teñen unha oportunidade en Heroes Verdes.
Na mesma web do certame realízanse as votacións a golpe de clic, e igual que en calquera sistema democrático, pódense realizar campañas para conseguir máis votos, compartindo as candidaturas nas redes sociais. Así o fixeron xa varios dos candidatos presentados.

A persoa ou entidade que reciba máis votacións será galardoado cun cheque de 2.000€ que doará á asociación ou proxecto medioambiental que desexe.
Os finalistas en segunda e terceira posición tamén recibirán 500€ cada un, co mesmo obxectivo. Heroes Verdes é unha homenaxe para poñer en valor o traballo e tesón de todos os que traballan a diario por conseguir que o mundo sexa un lugar un pouco mellor para todos os que habitamos nel.
   


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.