Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

12 de abril de 2018

XORNADA INFORMATIVA EN EXPOSALNÉS, COÑECER E CÓMO RESPONDER ANTE O TDAH



O pasado martes, no Salón de Plenos do Concello de Cambados, o concelleiro de Asuntos Sociais, e profesor da Universidade de Vigo, D.Tino Cordal, a presidenta de TDAH Salnés, Lourdes Sanz, presentaron á prensa o Cartel das III Xornadas Alza a túa Voz contra o Acoso Escolar e o Bullying.

Xornada para coÑecer o tdah en exposalnes Este ano, organizadas en colaboración coa Universidade de Coruña e de Santiago, terán lugar no Salón de Actos da Facultade de Ciencias da Educación, de Santiago. Este cartel está deseñado, partindo dun debuxo realizado o ano pasado por un alumno do do IES Cotarelo Valledor de Vilagarcia Juan Miguéns.

Como é de todos coñecidos, os datos que se teñen sobre situacións de acoso e violencia entre iguais, dentro e fóra das aulas, non descende; senón que vai en aumento á velocidade que alcanza o ritmo das redes sociais.

Sintiendonos comprometidos con este tema, e sendo sabedores de que o noso colectivo, é máis susceptible de sufrir este tipo de situacións, queremos, con estas Xornadas crear un espazo de Formación, Información e Concienciación deste problema, sobre o que, en poucas ocasións, actúase de forma contundente. Todos os relatorios teñen un contido orientado a pais e profesionais do àmbito educativo, que poden detectar no seu dia a dia situacións de conflito, implicandoles á súa vez a intervir e a,posicionarse contra esta modalidade de violencia. Coas diferentes intervencións dos profesores universitarios D. Víctor Arufe Giráldez, D. Antonio Rial Boubeta, Dona Cecilia Otero, e a pedagoga Dona Paula Suárez, queremos contribuír a crear conciencia deste fenómeno social e a fabricar ferramentas que, dalgunha maneira, minimicen esta modalidade de violencia entre iguais!! Desde hoxe, atopardes toda a información relativa a estas Xornadas, a travès das plataformas dixitais da Universidade de Santiago. Para asistir, non fai falta inscrición previa, pódese realizar no acto.

Cambados acollerá mañán venres 13 de abril unha xornada informativa sobre o Trastorno de Déficit de Atención e Hiperactividade, organizada pola Asociación TDAH Salnés.
A charla terá lugar no Salón de Actos de Exposalnés a partir das 20 horas e nela abordaranse aspectos como o diagnóstico a nivel cerebral e as intervencións necesarias dende a familia e a escola.
Así o comentaban esta mañá na presentación da Xornada, o concelleiro e a presidenta xunto a ponente da charla Mariña Costa, acompañada dunha das nais socia do colectivo Elisabeth Dozo,
"Ensinar no respecto e desde a empatía, fará que os neno/ as de hoxe, sexan grandes homes/mulleres do mañá"!!!








No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.