Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

7 de febrero de 2018

SOMOS CAMBADOS PRESENTA UNHA MOCIÓN PARA QUE SE ATENDAN AS REIVINDICACIÓNS DO PERSOAL DO SECTOR DA XUSTIZA














Cabe lembrar que Cambados é sede de partido xudicial e que na anterior lexislatura autonómica o Partido Popular intentou facer unha reforma da Xustiza que resultaba moi lesiva para os intereses do noso municipio. Dita reforma foi paralizada grazas á mobilización política, sindical e social

O voceiro de Somos Cambados, Tino Cordal, destacou o amplo seguimento que tiveron as tres xornadas de folga convocadas os pasados 1 e 13 de decembro e 25 de xaneiro, secundadas por máis do 80 por cento de media do persoal de xustiza.
pacoxustizaUnha das primeiras reivindicacións é a aplicación do principio de igualdade, algo básico na idea de xustiza. Desde a Orde do 19 do xaneiro de 2010, na que se determinou o importe do complemento autonómico transitorio do persoal da administración de Xustiza (percepción salarial que substituía un concepto do complemento de destino que regulaba o RD 1909/2000), establecéronse diferenzas salariais entre este persoal e o das demais Comunidades Autónomas (CCAA). Por iso cómpre negociar agora coas organizacións sindicais con representación entre o persoal de xustiza para acadar unha equiparación dos salarios e complementos do persoal da Administración xudicial de Galicia cos seus homólogos noutras CCAA.
Outra reivindicación é a de recoñecer o dereito de todos os traballadores da Xustiza a enfermar. Dentro das oficinas xudiciais galegas, se todos solicitan unha baixa por unha enfermidade común, o Xuíz e o Letrado da Administración de Xustiza non teñen descontos na baixa por enfermidade, pero o resto da oficina xudicial si, algo incomprensible, o que supón unha desigualdade no tratamento aos funcionarios galegos respecto doutras comunidades sobre estes complementos das prestacións económicas en situación de incapacidade temporal (IT). Xa que logo, Somos Cambados cre que é preciso negociar e acadar un acordo para que non exista discriminación salarial do ámbito da xustiza na percepción do complemento das prestación por IT e similares.
Ademais denúnciase o aumento da carga de traballo e a diminución do número de traballadores e traballadoras. Segundo as organizacións sindicais amortizáronse 106 prazas de persoal ao servizo da Administración de Xustiza desde o ano 2012. E desde Somos Cambados entendemos que se deben cubrir todas as prazas amortizadas.
2018_2_7_44840s740x.jpgFinalmente, o persoal do servizo da administración de Xustiza pide que remate a discriminación que se está a producir a nivel salarial, xa que no caso de substitucións verticais non se cobra o 100 por cento das retribucións pertencentes polo posto ocupado. Tampouco existe unha consolidación de prazas de reforzo de máis de tres anos, tal e como se comprometera a Dirección Xeral. Por iso, débense equiparar salarialmente ás substitucións verticais e consolidar aquelas prazas de reforzo que leven máis de 3 anos.
En definitiva, todas estas reivindicacións deben ser atendidas para que existan unhas condicións de traballo dignas que permitan un servizo de Administración de Xustiza áxil e eficaz. Non se deben diminuír os recursos en materia de Xustiza, pois esta redución pode levar a situacións de exceso de traballo, colapso e problemas á hora da consecución dunha xustiza real e efectiva que garanta o restablecemento dos dereitos das persoas afectadas.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.