Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

26 de diciembre de 2017

CAMBADOS DESPÍDESE COMO CIDADE EUROPEA DO VIÑO CON BADALADAS I ESPUMOSOS











Cambados despedirá o seu ano como Cidade Europea do Viño cun evento especial o vindeiro sábado ao mediodía, un brinde colectivo no que haberá badaladas e brindes con espumosos Rías Baixas na Torre de San Sadurniño. Ademais este evento tamén contará cunha pancarta coa figura de Floreano, personaxe da tira cómica de Gogue, publicado habitualmente no diario Faro de Vigo, polo que se regalarán 500 panos e os organizadores animan a que a xente acuda con boinas negras, características do personaxe. Segundo o concelleiro de Enoturismo, José Ramón Abal, será "unha despedida como se merece a Cidade Europea do Viño, que terminará a finais do próximo mes de xaneiro". O debuxante grovense Gogue explicaba está mañá que a idea tamén é que "tanto as caricaturas de Floreano, como Cambados e os espumosos Rías Baixas, formen parte da seguinte edición do anuncio de Gadis "Vivamos Como Galegos"






No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.