O director xeral de Adegas Martín Códax, recibiu este venres o Premio honorífico dos II Premios Paraguas de Comunicación e Márketing de Galicia, no transcurso dunha gala que tivo lugar en Expourense. A Xunta Directiva do Clúster de Comunicación Gráfica de Galicia, organizadores destes premios, encomiaron a traxectoria de Vázquez e a súa grandísimo papel na posta en valor do márketing e a comunicación empresarial, así como do desenvolvemento e o posicionamento de marcas. Os Premios Paraguas queren recoñecer o mérito e o traballo daquelas persoas que fixeron e seguen facendo tanto polo márketing e a comunicación de Galicia, traspasando fronteiras sen ningún tipo de complexos.
Este recoñecemento para Juan Vázquez Gancedo súmase á súa recente denominación como "Personalidad del Año 2017" polos International Wine Challenge Merchant Awards.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.