Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

3 de noviembre de 2017

III GALA XANTAR A PROL DE GALICIAME










O vindeiro 8 de decembro a partires das 13 horas no Salón da adega Condes de Albarei (Castrelo-Cambados) terá lugar a III Gala-Xantar Benéfica a prol de GALICIAME (Asociación de loita contra a Atrofia Muscular Espinal)  
O precio do prato será de 30 euros, adultos e 15 euros, nenos .
Galiciame pechou hai uns días o programa desta terceira gala benéfica. Como en edicións anteriores, música e comida, co obxectivo de recadar fondos e compartir unha xornada xunto a Merchi Álvarez, presidenta e afectada pola enfermidade. 
As actuacións correrán a cargo de Rosa Cedrón, Guadi Galego, Sanjurgo & Dopico, Ses, David Prado, Sapoconcho, Kiko Cadaval e Demos da petaca. A presentadora do acto será Belén Xestal acompañada de Armando Fernández.
A comida será servida polo Catering de Casa Rodiño  
Durante a gala sortearanse agasallos e haberá monitores para os nenos. 

As entradas pódense adquirir en Exposalnés e O Agro (Castrelo) e custan como adiantamos 30 e 15 euros, para adultos e nenos respectivamente. Tamén se habilita unha conta na Caixa para facer donativos.






No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.