En virtude do acordo de colaboración entre o Club Juventud Cambados e o Real Club Celta de Vigo, ambas entidades seguen organizando diversas actividades de xeito conxunto. A vindeira de elas terá lugar o vindeiro mércoles no auditorio de Cambados, dirixida a pais e nenos do noso fútbol base.
A actividade consistirá nunha charla que impartirá Federico Mallo Ferrer, Catedrático de fisioloxía e endocrinoloxía na Universidade de Vigo e nutricionista do primeiro equipo do Real Club Celta así como das súas categorías base. A temática da charla xirará entorno á importancia da nutrición no deporte base.
A charla comenzará 18:00 e a entrada é gratuita (ata completar aforo) polo que, desde o Club Juventud Cambados animan a todo o mundo a que asista a esta interesante ponencia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.