TELÉFONOS DE INTERESE

13 de noviembre de 2017

MAIORES DE CAMBADOS PARTICIPARÁN A PRÓXIMA SEMANA NO PROGRAMA "DEPOTERMAL 2017"










A partir deste domingo 12 de novembro, e ata o vindeiro venres, 278 persoas da provincia maiores de 50 anos poderán desfrutar do programa da Deputación de Pontevedra "Depotermal 2017". Este programa ten por obxectivos fomentar o envellecemento activo e mellorar a calidade de vida das persoas maiores, facilitando o acceso ao turismo de saúde a persoas que doutro xeito non poderían beneficiarse da súa dobre función como período de vacacións e tratamento sanitario.  Ademais, "DepoTermal" pretende ser un plan dinamizador da economía da provincia, impulsando a creación e mantemento de postos de traballo no sector turístico durante os períodos de menor actividade.
"Depotermal" tamén promove espazos de encontro e intercambio de experiencias, co fin de evitar o illamento das persoas maiores e as situacións de soidade que poidan levar á súa vulnerabilidade. Trátase dunha iniciativa que se desenvolve entre setembro e decembro e da que se benefician 4.000 maiores da provincia, a través de estancias en establecementos termais coa modalidade só diúrna, acudindo diariamente durante cinco días consecutivos, ou con aloxamento completo de domingo a venres.
A partir do domingo 12 de novembro, 278 persoas da provincia maiores de 50 anos chegarán ao Hotel Carlos I de Silgar, ao Hotel Louxo, ao Hotel Talaso Atántico de Oia, ao Hotel Nuevo Astur e ao Hotel Gran Talaso de Sanxenxo para desfrutar de modalidade con pernocta. Máis polo miúdo, acudirán ao Hotel Carlos I de Silgar 42 persoas de Vila de Cruces, 32 de Vigo, 14 de Cangas do Morrazo, 10 de Vilaboa, 8 de Nigrán, 6 de Tomiño, 4 de Salceda de Caselas, 3 de Pontevedra 2 de Porriño, 2 de Redondela, 2 de Vilagarcía de Arousa, 2 de Tui, 2 de Mos.
Pola súa banda, chegarán este domingo ao Hotel Talaso Atlántico de Oia 15 persoas do concello de Catoria, 11 de Pontevedra, 9 de Marín, 4 de Vigo, 4 de Cambados, 4 de Vilagarcía de Arousa, 3 de Sanxenxo, 2 de Meis, 2 de Poio, 2 de Tui, 2 de Cangas do Morrazo, 2 de Moaña e 1 de Vilanova de Arousa. Ademais, acudirán ao Hotel Louxo 39 persoas de Vigo, 2 de Tomiño, 2 de Pontevedra, 2 de Cangas do Morraz, 1 de Cambados, 1 de Porriño, 1 de Nigrán e 1 da Estrada.
Ademais, para terminar coa modalidade con pernocta de "DepoTermal" acudirán ao Hotel Nuevo Astur 5 persoas de Vigo e 2 de Gondomar e ao Hotel Gran Talaso de Sanxenxo chegarán 21 persoas de Vigo, 6 de Pontevedra, 4 de Valga, 2 de Redondela e 1 de Cerdedo-Cotobade.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.