Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

13 de octubre de 2017

VECIÑOS DE CAMBADOS DISFRUTAN DO PROGRAMA "DEPOTERMAL 17" DA DEPUTACIÓN





Depotermal




Un total de 178 persoas maiores de 50 anos da provincia chegarán a partir deste domingo 15 de outubro ao Hotel Carlos I de Sanxenxo, ao Hotel Talaso Atlántico de Oia e ao Hotel Eurostars de A Toxa dentro programa da Deputación de Pontevedra "Depotermal 2017". Este programa ten por obxectivos fomentar o envellecemento activo e mellorar a calidade de vida das persoas maiores, facilitando o acceso ao turismo de saúde a persoas que doutro xeito non poderían beneficiarse da súa dobre función como período de vacacións e tratamento sanitario.  Ademais, "DepoTermal" pretende ser un plan dinamizador da economía da provincia, impulsando a creación e mantemento de postos de traballo no sector turístico durante os períodos de menor actividade.
"Depotermal" tamén promove espazos de encontro e intercambio de experiencias, co fin de evitar o illamento das persoas maiores e as situacións de soidade que poidan levar á súa vulnerabilidade. Trátase dunha iniciativa que se desenvolve entre setembro e decembro e da que se benefician 4.000 maiores da provincia, a través de estancias en establecementos termais coa modalidade só diúrna, acudindo diariamente durante cinco días consecutivos, ou con aloxamento completo de domingo a venres.
Así, desde este domingo ata o vindeiro venres 20 de outubro, 93 maiores da provincia de Pontevedra gozarán dunha estancia completa no Hotel Spa Carlos I de Silgar, en Sanxenxo, e 35 no Hotel Talaso Atlántico de Oia. Todas as persoas proveñen dos concellos de Vigo, Mos, Pontevedra, O Porriño, Cangas, Ponteareas, Nigrán, Vilaboa, Marín, Catoira, Valga, Vilagarcía de Arousa, A Lama, Cuntis e Cambados.
Ademais, a partir do vindeiro luns 16 de outubro, 50 persoas chegadas dos concellos de Meis, Meaño,  Pontevedra e Sanxenxo aproveitarán a modalidade diúrna de "Depotermal" no Hotel Eurostars da Illa de A Toxa.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.