Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

1 de septiembre de 2017

OS COMERCIOS DE CURROS ENRIQUEZ VOLVEN SACAR AS GANGAS Á RÚA MAÑÁ SÁBADO












Os Comerciantes da Rúa Curros Enríquez en Cambados volveran a sacar as gangas a rúa durante toda a xornada deste sábado 2 de setembro tralo éxito das xornadas celebradas nos meses de xullo e agosto, dende ás 10:00h da maña, ás 21:00h en horario ininterrompido. Os organizadores queren manter a data da primeira fin de semana de cada mes para futuras edicións. Consolídase así un evento mediante o que os comerciantes desta zona pretenden poñer en valor unha das rúas máis céntricas de Cambados e ao mesmo tempo ofertar os seus productos a prezos rebaixados. A iniciativa naceu dos propios comerciantes e recibiu o apoio do Concello. Os comercios participantes das Gangas de Curros Enríquez son: Xoiería Reloxería David, Perruquería de cabaleiros Martín Castro, Herboristería Hamamelis, Mercería Fíos, Zapatilleira Chinelas, A despensa de Piñeiro e Gumiss.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.