Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

15 de junio de 2017

XUNTA E CONSELLO REGULADOR SEGUEN A BOICOTEAR A CAMBADOS, CIDADE DO VIÑO












O grupo de goberno de Cambados non atopa explicación, porque non lla diron á negativa da Xunta e do Consello Regulador "Rías Baixas" a participar na Comisión de Seguimento de "Cambados Cidade Europea do Viño 2017". A única explicación que se pode dar é o trasfondo político. Algo que non tería sentido nun órgano deste tipo.
Nin a Xunta que alega que está a analizar cos seus asesores xurídicos a documentación remitida desde o Concello hai xa tres meses, nin o C.R.D.O. "Rías Baixas" firmaron o convenio que non implica nin carga nin obligación económica algunha. Algo que, por exemplo, si firmou a Mancomunidade do Salnés, tres días despois de recibir a documentación.
O vindeiro luns 3 de xullo reuniráse por primeira vez esta comisión de seguimento.
Á falta destas duas institucións e máis a Ruta do Viño. a composición da mesma está pechada.
O concelleiro de Enoturismo afirmaba esta mañán que "esta capitalidade é importante para Cambados, O Salnés e Galicia polo que todas as institucións deberían viaxar no mesmo tren".







No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.