Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

22 de junio de 2017

"PANOS BRANCOS" CONTRA A DROGA EN CAMBADOS














O vindeiro 26 de xuño en Cambados terán lugar os actos centrais da campaña de sensibilización social Panos Brancos contra a Droga, en coincidencia co Día Internacional contra o Uso Indebido e o Tráfico Ilícito de Drogas, instaurado pola Organización de Nacións Unidas -ONU-, que quere suliñar a importancia decisiva da prevención do consumo de drogas e a necesidade de escoitar a nenos e mozos como primeiro para para axudarlles a crecer sans e seguros.
A campaña diríxese a toda a sociedade galega, con especial atención para o colectivo de nenos e xóvenes, un dos grupos máis vulnerables fronte a este problema, tendo entre os seus principais obxectivos aumentar a sensibilización social fronte o consumo de drogas e o narcotráfico de Galicia, previr futuros consumos e adiccións e incrementar o rexeitamento social ó narcotráfico.
PARTICIPANTES
O amplo respaldo social con que conta Panos Brancos é a súa principal garantía de éxito.
A campaña deséñase en estreita colaboración con múltiples colectivos sociais, entidades e institucións. Dende a súa primeira edición Panos Brancos conta co apoio, entre outras institucións, do Goberno e do Parlamento de Galicia, da FEGAMP e numerosos concellos de Galicia.
ACTOS INSTITUCIONAIS EN GALICIA
A través da FEGAMP convidarase ós concellos e diversas institucións participantes, a amosar a súa bandeira branca durante o venres 26 de xuño, Día Internacional contra a Droga poidendo facer diversas actividades ó longo da mesma, tales como a lectura do manifesto da campaña que será remitido a través da FEGAMP.
Os actos centrais da campaña terán lugar o luns 26 de xuño en Cambados (Pontevedra).
O acto desenvolverase ás 11:00 na Praza do Concello, e contará con:
- Lectura do Manifesto
- Firma da Bandeira contra a droga
- Actuacións musicais
- Solta de globos brancos
Fonte: 




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.