Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

4 de abril de 2017

A PLATAFORMA VECIÑAL SOLICITA DA XUNTA APOIO PARA "CAMBADOS CIDADE EUROPEA DO VIÑO 2017"













 A Plataforma de apoio a Cambados Cidade Europea do Viño 2017 ven de ingresar unha petición no portal change.org na que solicitan o apoio da Xunta para "Cambados Cidade Europea do Viño 2017"

Lembremos que desde que esta distinción foi otorgada a Cambados, desde a Xunta non se recibeu apoio ningún, e non parece que estén moito pola labor.

A continuación podes ver a petición e ao final o enlace para que poidas firmar a petición.

Solicitamos que a Xunta de Galicia se implique con "Cambados Cidade Europea do Viño 2017"



Dende esta plataforma veciñal queremos expoñer que, sendo nomeado Cambados como CIDADE EUROPEA DO VIÑO 2017, e sendo unha gran oportunidade, tamén debemos promover que Cambados e o Salnés sexan coñecidos pola súa historia, cultura, ect e calidade de vida na que día a día se implican cantidade de persoas de ben.
Coa finalidade de favorecer a tódolos sectores culturais, sociais, econónicos... é polo que

SOLICITAMOS:

a colaboración máxima da Xunta de Galicia como representante de tódolos galegos e galegas.
Esta petición será entregada a:

Xunta de Galicia










No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.