O Instituto Galego do Viño celebrará hoxe 20 de febreiro ás 19:30 horas a Gala de Entrega de Premios da VII Edición dos Premios Mágnum do Viño Galego na que se recoñecerán os traballos e profesionais máis destacados do sector do viño en Galicia no último ano.
A cita terá lugar na Cidade da Cultura (Auditorio do
Edificio Biblioteca) e reunirá aos máis importantes representantes do
sector na nosa comunidade, así como a autoridades do eido político e
social.
Como novidade, nesta edición dos Premios Mágnum
incorpórase un novo galardón: o Mágnum á Mellor Iniciativa de
Enoturismo. «Este galardón vén recoñecer o mérito das mellores propostas
encamiñadas a desenrolar o enorme potencial do enoturismo en Galicia»,
en palabras do director do INGAVI, Xoán Cannas. A maiores, este ano o
número de nomeados en cada categoría tamén se modifica, pasando de catro
a cinco, para dar cabida á gran cantidade de proxectos de calidade que
están a xurdir no sector.
O xurado concede estes galardóns en sete categorías:
- Mágnum ao Mellor Viño Galego
- Mágnum ao Mellor Viño Revelación Galego, viños cun máximo de dúas colleitas no mercado.
- Mágnum á Mellor Adega Galega , entendida como colección de viños no mercado da máxima calidade .
- Mágnum á Mellor Labor de Difusión do Viño Galego.
- Mágnum á Mellor iniciativa de Enoturismo.
- Mágnum ao Mellor Sumiller no Tratamento do Viño Galego.
- Mágnum Honórifico "Vinolvidable" a un profesional destacado polo seu traballo a prol do viño galego.
Os premios estarán representados, un ano máis, por
sete obras de arte; sete fermosas esculturas realizadas por Alejandra
Sampedro que consisten nunha revisión da botella mágnum á que incorpora
as crebas que arrastra o mar en torno ao faro Silleiro e que outorgan
exclusividade a cada peza.
Máis info-aquí
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.