Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

20 de febrero de 2017

HOXE ENTRÉGANSE OS PREMIOS MÁGNUM DO VIÑO GALEGO












O Instituto Galego do Viño celebrará hoxe 20 de febreiro ás 19:30 horas a Gala de Entrega de Premios da VII Edición dos Premios Mágnum do Viño Galego na que se recoñecerán os traballos e profesionais máis destacados do sector do viño en Galicia no último ano.
A cita terá lugar na Cidade da Cultura (Auditorio do Edificio Biblioteca) e reunirá aos máis importantes representantes do sector na nosa comunidade, así como a autoridades do eido político e social.

Como novidade, nesta edición dos Premios Mágnum incorpórase un novo galardón: o Mágnum á Mellor Iniciativa de Enoturismo. «Este galardón vén recoñecer o mérito das mellores propostas encamiñadas a desenrolar o enorme potencial do enoturismo en Galicia», en palabras do director do INGAVI, Xoán Cannas. A maiores, este ano o número de nomeados en cada categoría tamén se modifica, pasando de catro a cinco, para dar cabida á gran cantidade de proxectos de calidade que están a xurdir no sector.
O xurado concede estes galardóns en sete categorías:
  • Mágnum ao Mellor Viño Galego
  • Mágnum ao Mellor Viño Revelación Galego, viños cun máximo de dúas colleitas no mercado.
  • Mágnum á Mellor Adega Galega , entendida como colección de viños no mercado da máxima calidade .
  • Mágnum á Mellor Labor de Difusión do Viño Galego.
  • Mágnum á Mellor iniciativa de Enoturismo.
  • Mágnum ao Mellor Sumiller no Tratamento do Viño Galego.
  • Mágnum Honórifico "Vinolvidable" a un profesional destacado polo seu traballo a prol do viño galego.


Os premios estarán representados, un ano máis, por sete obras de arte; sete fermosas esculturas realizadas por Alejandra Sampedro que consisten nunha revisión da botella mágnum á que incorpora as crebas que arrastra o mar en torno ao faro Silleiro e que outorgan exclusividade a cada peza.

Máis info-aquí









No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.