TELÉFONOS DE INTERESE

19 de febrero de 2017

VICTORIA DO CEV XUVEN CAMBADOS














Victoria do Xuven Cidade Europea do Viño na casa do Turróns Vicens por 68 a 91

Contundente derrota do Turróns Vicens contra o CBX Cambados este domingo no Pavillón do Centro. Os cataláns non dominaron nunca o partido e isto traduciuse nunha diferenza de 23 puntos ao final do choque.

O Pavillón do Centro viviu este domingo unha contundente derrota do Turróns Vicens, despois de que o equipo mostrase unha gran solidez no últimas catro xornadas, onde contaba os partidos por vitorias. Este golpe, o Cambados, equipo da parte alta da clasificación, mostrou a sua mellor cara, e non deu ningunha opción ao equipo local.

Xa ao primeiro cuarto os galegos acabárono con 9 puntos arriba. E o segundo aínda foi peor para ps locais posto que só anotaron 15 puntos marchando á media parte co marcador de 34 a 46 para o CEV Xuven Cambados. Os homes de Jorge Tarragona, recentemente renovado, non souberon reaccionar no segundo tempo e foi entón cando o CEV Cambados fixo o tirón máis longo no marcador.  A pesares da mellora no último cuarto dos locais, que seguen sen contar con Edgar San Epifanio por lesión, non puideron facer moito ante a superioridade do equipo galego.


Ao final, derrota 68 a 91, nun partido onde o máximo anotador polos de Hospitalet foi Eduard Arques, con 14 puntos, seguido por Gabriel Ruiz e Alejandro Reina con 12. Por parte visitante Charles Nkaloulou foi o mellor do Xuven Cambados con 16 puntos e 7 rebotes, e onde 7 xogadores acabaron con 10 ou máis puntos de valoración

Demasiado óso para un Torrons Hospitalet que xa no primeiro cuarto viu a potencia dun Cambados Cidade Europea do Viño que oposita claramente a ser alternativa entre os equipos que queren liderar a LEB Prata co seu cuarto triunfo consecutivo e a un só triunfo dos líderes.











No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.