Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
20 de enero de 2017
TRES FERIDOS NOUTROS TANTOS ACCIDENTES HOXE EN CAMBADOS
Tarde de traballo para os servizos de Emerxencias de Cambados que asistiron a tres accidentes de tráfico co resultado de tres feridos leves.
O primeiro dos accidentes prodúxose as 13:30 horas na zona da Parcelaria de Oubiña, un dos conductores involucrados, de Cambados, resultou con golpes nas cervicais e na zona lumbar.
Dez minutos despois e non moi lonxe de alí producíase o segundo dos sinistros. Na estrada PO-300 pouco despois do cruce do Polígono de 7 Pías dous coches colidiron resultando ambos conductores de A Illa e O Grove, feridos. O primeiro de 28 anos resultou concontusións nas zonas cervical e lumbar. O conductor de O Grove resultou ferido na cabeza e con fortes dores nas cervicáis.
O terceiro dos accidentes prodúxose no Porto de Tragove e non houbo que lamentar danos personais.
Os sucesos mobilizaron a Protección Civil de Cambados, Garda Civil de Tráfico e ambulancias do 061.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.