Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

11 de enero de 2017

DAVID SUÁREZ QUINTANILLA INGRESA COMO ACADÉMICO DE NÚMERO NA ACADEMIA DAS CIENCIAS ODONTOLÓXICAS











O odontólogo David Suárez Quintanilla ingresará este venres, 13 de xaneiro, como académico de número na sección de Ortognatia da Academia de Ciencias Odontológicas.

O acto de toma de posesión da praza de académico de número, Medalla Nº 12 adscrita á sección de Ortognatia do doutor Suárez Quintanilla terá lugar este venres ás 20,00 horas no Salón Nobre do Pazo de Fonseca, en Santiago, segundo informa a organización.

Suárez Quintanilla pronunciará o seu discurso sobre o tema 'Filosofía da ciencia, antropoloxía cultural e ortodoncia'. Contestaralle en nome da Academia o doutor Andrés Branco Carrión.

Suárez Quintanilla aínda que nado en Santiago pasou moitas tempadas da sua infancia e xuventude en Cambados de donde era sua nai no pazo de propiedade familiar na avenida da Pastora, o Pazo de Ulloa.

O seu pai foi José María Suárez Núñez médico e político galego e rector da Universidade de Santiago entre 1978 - 1984. Sua nai María Jesús Quintanilla, cambadesa, pertencía a unha das familias máis recoñecidas de Cambados.



Currículum
-Licenciado en Medicina, Universidade de Santiago de Compostela. -Especialista en Estomatoloxía Universidade de Oviedo. -Especialista en Ortodoncia. Universidade de Valencia. -Catedrático de Ortodoncia. Universidade de Santiago. -Director do Máster de Ortodoncia. Universidade de Santiago. -Codirector do servicio Universitario de Investigación e tratamento das deformidades dentofaciais. -Director das Clínicas de Ortodoncia S&S. -Premio da Revista Europea de Odontoestomatoloxía. -Premio Nacional do Consello Xeral de Odontoestomatólogos. -Asesor científico de 6 revistas científicas de Odontoloxía. -Director de cursos de Formación ortodoncia Internacional. -Asesor de varias Fundacións e Laboratorios Odontolóxicos.

Obras realizadas
-5 libros publicados de Ortodoncia. -Coautor do Tratado de Odontoloxía. -Coautor de 6 libros de Odontoloxía e/ou Ortodoncia. -110 artigos científicos. -125 conferencias e cursos nacionais e internacionais -Presidente de 2 congresos Internacionais de Odontoloxía. -Actividade profesional privada en Santiago e Ourense.









No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.