Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

24 de noviembre de 2016

MAL TEMPO NA PRÓXIMAS HORAS












Nas vindeiras horas empeorará o tempo na faixa costeira de Galicia. Ás malas condicións no mar, hai que engadir un aumento das precipitacións, especialmente na zona costeira da provincia da Coruña. Así, o tempo inestable aumenta os riscos, tanto se imos ao volante como se nos animamos a dar un paseo pola rúa. Dende o 112 Galicia lembrámosche que, ante estes casos, cómpre tomar algunhas medidas preventivas. Infórmate de como vén o tempo na túa zona. Se non tes outra opción que coller o coche, pon toda a túa atención sobre o asfalto, xa que as precipitacións poden ocasionar bolsas de auga ou desprendementos de terras. Antes de iniciar a túa ruta consulta o estado da circulación na DXT(Ábrese nunha nova xanela)
Ademais, toma boa nota dos seguintes consellos:

  • Se a chuvia che resta visibilidade mentres conduces, aparta ao arcén, pon as luces de emerxencia e agarda a que a situación mellore
     
  • Abandona o vehículo se a auga xa chegou ao eixo, mesmo se quedou inmobilizado e sobe moito o caudal
     
  • Afástate de pontes, ríos e zonas susceptibles de asolagarse
     
  • Non tentes atravesar espazos inundados
     
  • Se vas pola rúa presta moita atención aos obxectos que o vento pode tirar dos balcóns e fiestras
     
  • Se detectas algún sumidoiro atoado e hai risco de inundación avisa aos efectivos de emerxencias
     
  • Se necesitas axuda chama ao 112 






No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.