Nas vindeiras horas empeorará o tempo na faixa costeira de Galicia. Ás malas condicións no mar, hai que engadir un aumento das precipitacións, especialmente na zona costeira da provincia da Coruña. Así, o tempo inestable aumenta os riscos, tanto se imos ao volante como se nos animamos a dar un paseo pola rúa. Dende o 112 Galicia lembrámosche que, ante estes casos, cómpre tomar algunhas medidas preventivas. Infórmate de como vén o tempo na túa zona. Se non tes outra opción que coller o coche, pon toda a túa atención sobre o asfalto, xa que as precipitacións poden ocasionar bolsas de auga ou desprendementos de terras. Antes de iniciar a túa ruta consulta o estado da circulación na DXT.
Ademais, toma boa nota dos seguintes consellos:
- Se a chuvia che resta visibilidade mentres conduces, aparta ao arcén, pon as luces de emerxencia e agarda a que a situación mellore
- Abandona o vehículo se a auga xa chegou ao eixo, mesmo se quedou inmobilizado e sobe moito o caudal
- Afástate de pontes, ríos e zonas susceptibles de asolagarse
- Non tentes atravesar espazos inundados
- Se vas pola rúa presta moita atención aos obxectos que o vento pode tirar dos balcóns e fiestras
- Se detectas algún sumidoiro atoado e hai risco de inundación avisa aos efectivos de emerxencias
- Se necesitas axuda chama ao 112
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.