Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

29 de noviembre de 2016

A MOSTRA "EXODUS" EN CAMBADOS ATA O 17 DE DECEMBRO












A deputada de Cohesión Social e Xuventude, Digna Rivas, inaugurou a exposición no salón de plenos da Casa consistorial da vila
O salón de plenos da Casa do Concello acolle dende hoxe martes 29 de novembro a exposición fotográfica "Exodus: na procura de refuxio". A Deputada de Cohesión Social e Xuventude, Digna Rivas, inaugurou esta mañá a mostra, acompañada pola alcaldesa de Cambados, Fátima Abal, que foi elaborada polos fotoxornalistas galegos Felipe Carnotto e Adrián Irago entre os meses de setembro e outubro de 2015. O seu traballo documenta as vivencias dos refuxiados e refuxiadas que foxen de distintos conflitos bélicos para chegar a Lesbos e percorrer os Balcáns na procura dun novo fogar en Europa. "Exodus" poderase visitar entre os días 29 de novembro e 17 de decembro no salón de plenos do Concello de Cambados, en horario de 9:00 a 14:00 horas da mañá e de luns a venres.
Respecto a esta mostra, a Deputada de Cohesión Social e Xuventude, Digna Rivas, lembrou que "Exodus provén dos termos latino e grego que significan ‘saída'". As persoas protagonistas destas imaxes son persoas que precisamente escapan dos seus territorios, "arriscando as súas vidas ata o punto de que poden chegar a perdelas no Mediterráneo", sinalou a Deputada provincial, "buscando unha nova vida chea de ilusión e esperanza, pero atopándose con outra dura realidade e outra crise, a da Unión Europea como sinónimo de unión e de solidariedade, un muro de intransixencia que non responde ás súas expectativas nin aos principios que supostamente forman parte da identidade da Unión Europea".
Digna Rivas explicou que o obxectivo da mostra é "facer reflexionar á sociedade, a todos os ollos que observen estas fotografías" porque "é un drama moito máis próximo a nós do que podemos supoñer". Ademais, asegurou, "témonos que sensibilizar co seu sufrimento" e, ao mesmo tempo, "impulsarnos a ser mellores persoas" xa que "o día de mañá esas persoas poderiamos ser nós. Esta situación non entende nin de clases sociais, nin de niveis de educación nin doutras circunstancias persoais", asegurou a Deputada provincial.
A exposición xa se exhibiu entre o 29 de abril e o 10 de xuño no Pazo provincial da Deputación, "pero pareceunos boa idea que se fixera itinerante para que recorrese os concellos da provincia". 
Cómpre lembrar que Europa se está a afrontar á peor crise migratoria tras a Segunda Guerra Mundial. Segundo datos de ACNUR, máis dun millón de persoas cruzaron as illas gregas escapando do conflito en 2015. Un 25% delas eran menores de idade e, ademais, arredor de 3.700 persoas morreron no intento de cruzar o mar Exeo.

O seu camiño empeza en Oriente Medio. Foxen por centos de miles desde Siria, Iraq ou Afganistán. Un fluxo constante de humanidade dirixido polo medo, a inseguridade e a falta de oportunidades. A súa desesperación móveos a arriscar as súas vidas e a das súas familias por un futuro en paz. Fano desde Turquía, cruzando o mar Exeo ata as illas gregas en balsas de goma con nulas medidas de seguridade. En Grecia comeza un duro camiño entre fronteiras. Os refuxiados cruzan Europa cunha idea vaga de alcanzar Alemaña, Suecia ou Noruega. En Gevgelija, ao sur de Macedonia, na fronteira con Grecia, eríxese un campo de refuxiados ateigado de almas perdidas. Máis de dúas mil persoas ao día deixan a súa pegada nunha inhóspita paraxe.









No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.