Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

23 de agosto de 2016

O "REFUGIO DE ANIMALES" DE CAMBADOS TRATA DE RECUPERAR UN CAN DESNUTRIDO









Váli é o nome co que bautizaron a un can abandonado nunha leira de Meis, preto de Cambados. Un mozo atopou ao animal nunha leira aberta, con colar e sen ningún tipo de identificación por microchip. O can leva, segundo os veterinarios, polo menos dous meses desnutrido.

O Refugio de Animales de Cambados, que se está facendo cargo do animal, busca recobrar a súa maltreita saúde para poder darlle unha nova vida e o fogar que merece a Váli.

Segundo informan no seu Facebook, o can reacciona ás mostras de agarimo e volve inxerir alimentos aos poucos. "Esperemos que se recupere i en breve esté

tomando o sol e xogando cos seus compañeiros", afirman desde o centro.















No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.