Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

23 de agosto de 2016

LA ASOCIACIÓN DE SUMILLERES GALLAECIA EVALÚA 167 MARCAS DA D.O. RÍAS BAIXAS











O Pazo de Mugartegui acolleu a cata dos viños da Denominación de Orixe  Rías Baixas por parte da Asociación de Catadoras Gallaecia para seleccionar aos finalistas do concurso Distinguidos Gallaecia 2016. Un total de 21 catadores divididos en 3 paneis de cata foron os encargados de avaliar un total de 167 marcas.  
Nesta ocasión, o panel de cata estivo integrado por un gran abanico de profesionais, tanto catadores, distribuidores, prensa especializada como hostalería. Aínda que a maioría dos viños pertencían á anada 2015, o certo é que os profesionais tiveron a oportunidade de valorar un 2008, cinco 2010, outros tantos 2011, catro 2012, quince 2013, trece 2014; deles doce eran tintos Rías Baixas, que se cataron ao final, do mesmo xeito que os dez espumosos Rías Baixas.
Sobre os Rías Baixas de 2015, Aurelio Vázquez, vicepresidente da Asociación Gallaecia, opina que "é unha anada con moi boa perspectiva, pois posúe unha boa acidez e os viños están moi ben equilibrados". De maneira que ve con bos ollos a cualificación da añada 2015 como "Moi Boa". 

Ademais, o vicepresidente da Asociación encomiou as posibilidades de garda destes viños sen crianza: "as añadas antigas, sobre todo a 2010 está impresionante, tamén destacaría a boísima evolución dos 2013" destacou.

Desta cata e das levadas a cabo nas restantes denominacións de orixe galegas realizarase unha selección daqueles viños cuxa puntuación sexa superior aos 84 puntos sobre 100. Estes pasarán á fase final, na que se avaliarán viños de mercado, que se conseguen a través de distribución ou en tendas especializadas.







No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.