Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

4 de julio de 2016

A ILLA, CAMBADOS E O GROVE, PODIO DO IV GRAN TROFEO AGALCARI








Airexa llegando a Rua

Durante dous días con condicións de vento dispares, celebrouse o IV Trofeo Agalcari para barcos aparellados con vela cangrexa, dun xeito espectacular. O sábado, con Nordés moderado, deseñouse un triángulo entre as balizas do Ter, Seixo e Moscardiños. As condicións de vento cambiante impediron finalizar o percorrido, vencendo en tempo real a Airexa de Cambados, a Sara O de San Vicente e a Lavanqueira da Illa de Arousa que, aplicando o sistema de rating JCH, clasificouse segunda. O domingo con refachos de vento de ata 26 nos, e 18-20 sostidos, de Nordeste, fíxose a volta á illa de Rúa, saíndo dende Cabo de Cruz. Chegou destacado ao illote de Ribeira o galeón Illa de Cortegada, pero non foi quen de volver de bolina, como a Dorna Nai de Ribeira. Sara O sufriu unha avaría no pico da cangrexa e tentou continuar só co foque. A Airexa arriscouse a navegar de bolina entre os baixos de Areoso e a Illa e cedeulle a primeira posición á Lavanqueira, que completou a volta destacada en primeiro lugar. Dada a preferencia da vitoria no último día a dorna da Illa, patroneada por Santiago Mougán, proclamouse vencedora deste IV Gran Premio Agalcari, coa Airexa de Cambados, con Fernando Pombo á caña, en segundo lugar e a Sara O de San Vicente, en terceiro.

Na entrega de premios, celebrada na Marina Cabo de Cruz, Manuel Fajardo, presidente do Club Náutico de Boiro, expresou a vontade deste Club de contribuír a consolidar esta cita, a única en Galicia para barcos aparellados con vela cangrexa, na primeira fin de semana de xullo, coincidindo coas festas de Boiro.
Desde Agabace agradecemos a dispoñibilidade e colaboración indispensable de Agalcari, do Concello de Boiro e de Marina Cabo de Cruz no só pola achega de todo o imprescindible para a celebración desta cita, senón pola súa sensibilidade coa cultura marítima ao permitir e fomentar a celebración desta cita.

Info- agabace.org



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.