Co fin de mellorar a calidade e salubridade da nosa contorna, tanto natural como urbana, para o disfrute de todos os veciños, a Concellería de Medio Ambiente ven a recordar as obrigacións relacionadas coa tenencia e coidado dos animais de compañía.
Que debo lembrar que segundo a Sentencia do Tribunal Supremo do 16 de decembro de 1987 existe unha superioridade na escala zoolóxica do home sobre os animais. Nembargantes debe existir unha convivencia entre persoas e animais, especialmente os da especie canina, que comparten espazos comúns, polo que os posuidores de animais teñen a obriga entre outras que sinala a lexislación sectorial de recoller os excrementos dos animais cando estes efectúan deposicións.

Así mesmo compre indicar que é responsable o posuidor do animal, sen prexuízo da responsabilidade civil subsidiaria do propietario, quen será responsable dos danos, prexuízos e molestias que ocasione ás persoas, animais, cousas, espazos públicos ou ao medio natural en xeral.
Polo exposto prégase a todos os cidadáns para que en aras dunha óptima convivencia e da hixiene pública respecten a normativas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.