Atendendo ao actual contexto internacional marcado polas migracións e o desprazamento de persoas refuxiadas, o tema escollido este ano para o concurso é a interculturalidade, polo que se valorarán os traballos fotográficos e audiovisuais que poñan en valor os aspectos positivos da mestura entre nacionalidades, etnias, culturas, etc.; que denuncien a discriminación, promovan o respecto á diversidade, revelen as auténticas causas dos conflitos, desmonten estereotipos, amosen a acollida ou outras actividades solidarias coas persoas migrantes ou refuxiadas.
Poderán participar todas as persoas interesadas, maiores de 14 anos, de calquera nacionalidade e residentes ou con lugar de nacemento na Comunidade Autónoma de Galicia. Haberá dúas seccións, fotografía e vídeo, con dúas categorías en cada sección: xuvenil (dos 14 aos 17 anos) e adulta (a partir dos 18 anos). Os traballos deberán ser entregados antes do 15 de outubro a través do email:imaxesconfondo@gmail.com. As bases do concurso pódense consultar na web do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, no seguinte enlace: http://www.fondogalego.org/web/sites/default/files/files/compartir/bases_imaxesconfondo3.pdf
Os premios son, na categoría xuvenil: unha cámara fotográfica, unha cesta de produtos de comercio xusto e un lote de películas de temática social, mentres que na categoría adulta serán: unha viaxe a Mozambique para realizar un traballo fotográfico ou audiovisual, unha cesta de produtos de comercio xusto e un lote de películas de temática social.
O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade é unha entidade municipalista conformada por 85 concellos e dúas deputacións, entre os cales se atopa o Concello de Cambados que regresou tras varios anos de ausencia. Este Fondo leva case dúas décadas apoiando proxectos de desenvolvemento en países do sur e realizando accións de sensibilización en Galicia.
Para obter máis información sobre este concurso, poden poñerse en contacto a través do email imaxesconfondo@gmail.com ou do teléfono 986 843 436.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.