O novo goberno da Deputación de Pontevedra "replantexará por completo" o modelo da Ruta do Viño Rías Baixas da man dos adegueiros da provincia despois de coñecer os datos que revelan o "absoluto fracaso" do convenio que asinou o anterior executivo provincial coa Asociación que a xestiona, e que supuxo un "enorme gasto público sen reversión nin económica, nin de consolidación da Ruta".
Esta información contraresta a petición do PP prvincial por boca de Salomé Peña y Luis Aragunde, comparecieron este miércoles junto al portavoz de su grupo, Ángel Moldes de hai 15 dias.
"El PP provincial insta a la Diputación de Pontevedra a renovar el convenio de colaboración con la Ruta do Viño Rías Baixas para no dejar morir este órgano en el que se promocionan tanto los caldos de calidad como todo tipo de negocios relacionados con el enoturismo". Pedían os tres deputados provinciais. Ver imaxe inferior.
Foi o propio colectivo de adegas, hoteis e restaurantes o que expresou as súas queixas ao actual Goberno da Deputación de que se estivesen financiando con diñeiro público accións que "non provocaron prácticamente ningún retorno para o sector", que "non puxeron en valor a marca da Ruta" e que en todo caso "non melloraron o tecido socioeconómico das comarcas na que está implementada". Os adegueiros coinciden na necesidade dun replantexamento ante a "falta de organización, accións con escaso resultado de visitas, adegas pechadas que deberían ser visitadas, actividades dirixidas a grupos de persoas da propia Asociación que xestiona a Ruta ou o escaso apoio de entidades locais". De feito o esforzo que fixeron moitas das adegas da provincia para atraer visitas "foi de forma individual e sen apoios".
O anterior goberno da Deputación, presidido por Rafael Louzán, asinou en 2012 un convenio por tres anos que en total supuxo un investimento de 190.000 euros de fondos públicosque, teoricamente, deberían destinarse a financiar actividades para a promoción e posta en valor da Ruta do Viño, que a situase en mellor posición no ránking de visitas e que garantise un retorno económico para adegueiros e hostaleiros asociados. Con todo, os datos demostran un "fracaso absoluto", como valorou o novo goberno provincial.
Segundo os informes de ACEVIN, a Ruta pasou do sexto posto ao sétimo e foi superada por outras rutas moito menos importantes como a da Rioxa Alta ou a do Empordá.
Ademais, as xustificacións dos convenios coa Deputación entre 2012 e 2014 revelan que se pagaron á Ruta do Viño gastos de funcionamento diario, algo prohibido pola lei de subvencións, como foi o pago de impresoras, cámaras fotográficas, ordenadores, ou mesmo o tonner ou as pólizas de seguro. É dicir, a Ruta do Viño financiou a súa xestión diaria cunha parte importante destes fondos públicos da Deputación no canto de dedicalos á promoción e consolidación, accións que realmente tivesen retorno para os adegueiros.
De feito, en 2014 xustificouse un total de 70.000 euros, e ata un 20% dese importe correspondeu a gastos en comidas e viaxes sen xustificar, hoteis, voos e restaurantes de luxo. É máis, só un 9% correspondeu a gastos dirixidos a actividades que, ademais, tiveron un ínfimo resultado en número de visitantes. Hai exemplos: só 16 persoas participaron nunha actividade de ioga entre viñedos; pouco máis de 50 visitantes en descensos en kaiak, unha media de 20 persoas nos concursos de redes sociais ou unha xornada de vendima na que as imaxes para a xustificación só mostra a 4 persoas e unha guía.
Ante semellante situación o novo goberno da Deputación de Pontevedra coincide plenamente co sector na necesidade dunha completa reformulación da Ruta e deixa claro que seguirá apostando por ela pero cun prisma político e económico "absolutamente diferente".
O executivo provincial mantén a súa total aposta polo sector vitivinícola e o enoturismo como un dos eixos de maior potencialidade para a provincia, polo que convocará a adegueiros e hostaleiros a definir un novo modelo. Para iso exporá unha auditoría interna da Ruta para establecer un Plan de mellora que permita situala no mapa, garanta un retorno efectivo ás adegas, fixe o apoio aos pequenos adegueiros, busque unha maior implicación das empresas e dos concellos que son socios da Ruta, evalúe o servizo prestado, cre un inventario de recursos e permita redactar un Plan de Calidade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.