Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

17 de junio de 2016

FIRMADO UN CONVENIO ENTRE ASC. MEXILLOEIROS S. SADURNIÑO E CAIXABANK













- Grazas a un acordo subscrito coa Asociación de Mexilloeiros San Saturnino de Cambados, os seus membros terán acceso a crédito en condicións preferentes. 


- A carteira de produtos ofrecidos inclúe anticipos polas vendas, un dos elementos máis valorados por este colectivo. 


- O convenio enmárcase no compromiso que CaixaBank mantén co sector pesqueiro en Galicia.




CaixaBank e a Asociación de Mexilloeiros San Saturnino de Cambados asinaron un acordo para facilitar crédito e outros servizos financeiros aos membros deste colectivo profesional. O acordo foi subscrito por Manuel Márquez, director de area de negocio de CaixaBank, e por José Benigno, presidente da Asociación. Con esta iniciativa, a entidade reforza o seu compromiso de atender as necesidades específicas de financiamento que presentan os produtores e empresarios do sector pesqueiro galego.

A carteira de produtos e servizos que CaixaBank pon a disposición da Asociación inclúe anticipo de vendas, un dos elementos máis valorados por este colectivos. Esta oferta, que non ten gastos de formalización, contempla un interese nominal do 2%. Á marxe deste produto, CaixaBank proporcionará préstamos deseñados de maneira específica para atender as necesidades do sector como o Préstamo Campaña e o CrediPesca.

A partir de hoxe, a entidade financeira poñerá a disposición de todos os membros da Asociación ao persoal da súa oficina en Cambados. Os xestores especializados de CaixaBank contan con experiencia en operacións e recursos para o sector primario, ao traballar cun importante número de empresas e de autónomos do sector pesqueiro.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.