Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

19 de junio de 2016

DOMINIO LUSO TRALA 1ª XORNADA DA IV RUTA DO ALBARIÑO










A IV Ruta do Albariño-Memorial Modesto Sánchez Alba 'Teto' comezou con dominio portugués nunha xornada con dous sectores. No primeiro, unha cronoescalada ao alto do Busto, impúxose Joao Almeida (Bairrada), que defendeu a súa camisola pola tarde na etapa en liña con saída e chegada en Meaño. O triunfo parcial foi para o seu compañeiro Daniel Viegas.
O desenlace deste evento organizado polo Club Ciclista Cambados e a Federación Galega de Ciclismo (FGC) terá como escenario a capital do Salnés. Este domingo, a partir das 10:30 horas, os participantes terán que dar tres voltas a un circuíto de 23 kilómetros no que se ascende a Padrenda, puntuable de 3ª categoría. Os dous primeros pasos pola Avenida de Galicia de Cambados repartirán puntos para a clasificación das Metas Volantes e no terceiro, despois de acumular 69 kilómetros, coñecerase o vencedor da xornada e do tríptico.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.