Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

8 de junio de 2016

CARTEIS PREMIADOS NA XI EDICIÓN DOS OBRADOIROS DE BEBIDAS SAUDABLES CONCELLO DE CAMBADOS











Ata o 30 de xuño de 2016 lévase a cabo unha Exposición de Carteis con temática de prevención do uso/abuso de alcohol e fomento de bebidas saudables ("Prevealcohol cos nenos e nenas") no Centro Sociocultural e Xuvenil “A Merced” (hall de entrada) do concello de Cambados.
             
Estes carteis, englobados na "XI edición dos Obradoiros de bebidas saudables" levada a cabo por parte do Servizo Preventivo Asistencial de Drogodependencias (SPAD de Vilagarcía de Arousa), foron elaborados por parte do alumnado de 5º de Educación Primaria (10-11 anos) dos centros educativos de Cambados.

En total a exposición está composta de 47 carteis e na súa eloboración participaron  122 alumnos/as e 6 mestres/as (poboación total de 128) de catro centros educativos: CEP “Antonio Magariños Pastoriza”, CEIP “Castrelo”, CEIP “Enrique Barreiro Piñeiro” e CEIP “San Tomé”.

Os obradoiros de bebidas saudables (intervención preventiva en relación co alcohol) foron levados a cabo durante o actual curso escolar en todos os concellos da nosa área xeográfica de actuación. En Cambados realizáronse un total de 4 obradoiros (9 sesións), nas que participaron 135 alumnos/as e 7 profesors/as (poboación total de 142) dos catro centros escolares nomeados anteriormente.

O día 26 de maio realizouse a selección dos carteis premiados, na que participou como xurado: o Concelleiro de Servizos Sociais do Concello de Cambados (Sr. D. Constantino Cordal Rodríguez); dous técnicos da Concellería de Cultura do Concello de Cambados; dous representantes do profesorado dos CEP “Antonio Magariños Pastoriza” e CEIP “San Tomé”; a técnico responsable da área de Prevención do SPAD de Vilagarcía de Arousa.

Mañán dia 9 de xuño, ás 17:00h., celébrase no Centro Sociocultural e Xuvenil "A Merced" o acto de entrega de diplomas e lotes de material didáctico aos premiados desta edición.

Os CARTEIS PREMIADOS foron os seguintes:
           
1º PREMIO: Cartel “O alcohol dana a vista e ademais arruínache a vida”.
C.E.I.P. “Castrelo”



Miguel Cousido Casal
Manuel José Esteves Yuguero    
Marta Fernández Rodríguez
Luis Manuel Giráldez Casal
Claudia González Vidal
Sergio Poceiro Blanco
Alba Seijas Domínguez



2º PREMIO:
Cartel “Que calor!. Ou vai moito sol… ou bebín moito alcohol”.
C.E.I.P. “Castrelo”


José Luis Castro González
Miriam Domínguez Fernández
Roberto Fernández Mayáns
Sara Lago Romero
Cristian Mesías Caneda
Brian Oubiña González
Borja Prieto Álvarez



3º PREMIO:
Cartel “Sabes que el alcohol te ha traicionado cuando dejas a tu familia de lado”.
C.E.I.P. “San Tomé” 



Ángela Costa Trigo






4º PREMIOS (dous premiados):

Cartel “O alcohol nunca é a solución”.
 C.E.P. “Antonio Magariños Pastoriza” 


Andrea Hermida Loureiro
Pablo Portas López
Naomi Rey Rey
Diego Yrago Corbacho





Cartel “Se queres vivir máis, as malas bebidas non has de probar”.
 C.E.I.P. “Enrique Barreiro Piñeiro” 


Uxía Ameneiro Núñez
Pablo Casal Millán
Gabriel Martínez Camino
Adrián Suárez Ribeiro






Desde o Concello queren agredecer a alta implicación amosada por parte do profesorado dos centros educativos participantes tanto nesta como noutras diversas actividades preventivas ao longo do curso escolar. 






No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.