O Pleno do Concello de Cambados do día 28 de abril pasado, aprobou con carácter provisional o expediente de crédito extraordinario e suplemento de crédito nº 2/2016 con cargo a baixas por anulación.
De conformidade co disposto nos artigos 169 e 177.2 do RDL 2/2004 de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, e 20 e 38 do R.D. 500/1990, de 20 de abril, o expediente foi exposto ó público durante un prazo de 15 días hábiles, prazo no que os interesados puideron examinalo e presentar reclamacións ante o Pleno.
Ó non terse presentado reclamacións contra a devandita modificación de crédito, esta considerase definitivamente aprobada.
Faise público que, unha vez realizadas as modificacións obxecto deste expediente, o Orzamento deste Concello para o exercicio 2016, presenta a seguinte distribución por capítulos:
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.