Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

22 de junio de 2016

AS OPERADORAS DE TELEFONÍA MÓBIL REFORZARÁN A COBERTURA DURANTE A FESTA DO ALBARIÑO








As operadoras de telefonía móbil van reforzar a cobertura durante as Festas do Albariño.

Así llo trasladaron as empresas de telefonía ao Concelleiro de Economia e Facenda de Cambados, Xurxo Charlín, tras varias reunións mantidas coas distintas operadoras.

O Concello de Cambados chegou a un acordo con Telefónica-Movistar, Orange e Vodafone, esta ultima operadora das comunicacións do Consistorio, para mellorar a cobertura de Cambados coa instalación de dúas antenas provisionais, e o reforzo da antena provisional instalada no illote das Goritas da compañía Vodafone.

Ata agora neses días de gran afluencia de xente en Cambados eran numerosas as queixas dos veciños e visitantes polo servicio que dispensaban as compañías de telefonía móbil. E sempre se escoitaba a mesma desculpa ..... "é cousa das compañías". Co sinxelo que é negociar con elas e conseguir un mellor servizo para os veciños totalmente gratis.

Segundo explica o edil, isto permitirá que a cobertura dos terminais mellore de forma notable durante as Festas do Albariño, datas nas que se produce unha gran concentración de veciños e visitantes.
Desta forma, dáse resposta a unha demanda de moitos veciños e comerciantes para poder comunicarse cos seus amigos, familiares e clientes durante o festexo, sen problemas de sombras na comunicación e mellórase a comunicación entre o persoal municipal e efectivos de seguridade. 

Xurxo Charlín, amósase satisfeito con esta solución que “de forma provisional e sen custo algún para o Concello, mellorará os servizos que se prestan en datas de gran aglomeración de xente. Ademais, non terá ningún impacto visual ao tratarse dun servizo eventual que só se mantén nestas datas festivas”.

As antenas van ser instaladas no peirao de Tragove, lugar xa cedido ao concello por Portos de Galicia para instalar as caravanas dos feirantes e o estacionamento dos adegueiros durante os festexos.
En concreto, vanse ubicar dúas antenas móbiles na zona do peirao de Tragove das compañías Telefónica-Movistar e Orange, e vaise reforzar a antena provisional da compañía Vodafone xa instalada no illote das Goritas.







No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.