Nava castro visitou hoxe a bodega Martin Códax, en Cambados, xa que é unha das actividades incluídas na ruta do tren do Viño das Rías Baixas, que realizou esta mañá a súa primeira viaxe. É un dos nove itinerarios temáticos que este verano percorrerán Galicia no marco da cuarta edición do programa de trens turísticos "Galicia a todo tren”, unha iniciativa conxunta da Xunta de Galicia, RENFE e a Deputación de Ourense a través do INORDE. Os viaxeiros tamén puideron percorrer hoxe a Ruta dos Faros e a da Ribeira Sacra, postas en marcha recentemente.


O Tren do Viño das Rías Baixas, que realiza hoxe a súa primeira viaxe, ten saída dende Santiago de Compostela e visita a adegas Martín Códax, en Vilagarcía, e a do Pazo de Fefiñáns, en Cambados. A maiores, ofrece a posibilidade de realizar un paseo polo centro desta última cidade e un percorrido en barco pola Ría de Vigo e a Illa de San Simón.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.