Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

27 de mayo de 2016

PRESENTACIÓN DO LIBRO "NEGRUÑA"










Recordade que hoxe ás 20:00 h no Pazo Torrado temos a presentación do libro "Negruña" coa presenza dos seus autores: o escritor Xosé Duncan e o ilustrador Segismundo Rey. Non o perdades!


Unha cidade non é máis que o reflexo das almas dos seus habitantes e, cando unha podrece, as outras déixanse arrastrar até o extremo máis escuro e vil. Pasaron moitos séculos desde que A Coruña se converteu en Negruña, deseñada e pensada para ser máis eficaz dentro da economía do Consorcio de Cidades, mais gobernada e dirixida polos mesmos ineptos de sempre. As súas rúas xa non brillan alén das horas de luz permitidas polo Concello e a súa xente vive co temor perpetuo de que clausuren os seus fogares porque, malia que
ninguén se atreva a dicilo publicamente, a clausura significa o exterminio dos distritos non produtivos,
daqueles que acadaron cotas de desemprego superiores ás permitidas.Porén, cando a corda se tensa tanto que está a piques de romper, neses días nos que nada semella recuperábel, será o momento en que aparezan heroes anónimos capaces de liderar exércitos.









No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.