TELÉFONOS DE INTERESE
▼
27 de mayo de 2016
PRESENTACIÓN DO LIBRO "NEGRUÑA"
Recordade que hoxe ás 20:00 h no Pazo Torrado temos a presentación do libro "Negruña" coa presenza dos seus autores: o escritor Xosé Duncan e o ilustrador Segismundo Rey. Non o perdades!
Unha cidade non é máis que o reflexo das almas dos seus habitantes e, cando unha podrece, as outras déixanse arrastrar até o extremo máis escuro e vil. Pasaron moitos séculos desde que A Coruña se converteu en Negruña, deseñada e pensada para ser máis eficaz dentro da economía do Consorcio de Cidades, mais gobernada e dirixida polos mesmos ineptos de sempre. As súas rúas xa non brillan alén das horas de luz permitidas polo Concello e a súa xente vive co temor perpetuo de que clausuren os seus fogares porque, malia que
ninguén se atreva a dicilo publicamente, a clausura significa o exterminio dos distritos non produtivos,
daqueles que acadaron cotas de desemprego superiores ás permitidas.Porén, cando a corda se tensa tanto que está a piques de romper, neses días nos que nada semella recuperábel, será o momento en que aparezan heroes anónimos capaces de liderar exércitos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.