Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

17 de mayo de 2016

O LÍDER DE INMACULATE FOOLS ATOPA EN CAMBADOS O PARAÍSO









Hai uns meses explicara en varias entrevistas a xornais, radios e televisións por que decidira resucitar o grupo co que acadou a fama hai tres décadas. E xa daquela comentara que tiña a intención de se mudar a vivir a Galicia. Pois ben, Kevin Weatherill cumpriu a súa palabra. O cantante dos Immaculate Fools leva xa un par de meses vivindo na nosa terra. 

Escolleu Cambados, unha casa que atopou pola internet. Alí leva instalado, ou instalándose, como el mesmo di, desde finais do mes de febreiro. Kevin Weatherill pasara os vinte anos anteriores nunha remota granxa das montañas de Gales onde se retirou tras disolver Immaculate Fools, a banda coa que coñeceu a gloria nas décadas dos 80 e os 90. Pouco despois de resucitar o proxecto tomou a decisión de mudarse a vivir a España. Iso si, nunha contorna recoñecible.

"Son un inmigrante", explica Weatherill, "son un estranxeiro aquí, pero en realidade non me sinto como tal porque a paisaxe resúltame moi familiar. E a chuvia, por suposto..." "Quería vivir preto do mar, e témolo xusto aí ao lado. Dou un paseo pola beira todos os días, e mentres os cans poden bañarse e nadar un pouco. É fantástico, estou moi feliz de estar aquí..."

No Couto de Abaixo, a súa aldea cambadesa, serán poucos os que saiban que ese inglés miúdo e afable que habita entre eles desde hai pouco máis de dous meses, forma parte fundamental da banda sonora de toda unha xeración de españois. Este próximo venres, Immaculate Fools recala en Pontevedra cunha xira que supón o reencontro dos seus seareiros cun feixe de cancións que nunca deixaran de añorar. Será unha noite especial para todas as partes.

"Aquí é onde vivo agora, na miña dirección pon Cambados-Pontevedra, así que estou seguro de que vai ser un gran concerto. Será como tocar na casa, aínda que leve só un par de meses aquí. Por fin poderei convidar os veciños, compensar a amabilidade coa que me recibiron e dicirlles: vinde, vinde, tedes entradas gratis!"

O idioma da música é universal, pero para se acabar de integrar en Galicia, Weatherill terá que aplicarse coa fala.

De galego a cousa está aínda máis xusta, mais a primeira palabra que aprendeu reflicte o seu sentir ante esta nova etapa.

Immaculate Fools planean xa novos concertos en Italia, Francia ou Alemaña, e Weatherill asegura que dispón de material de sobra para gravar un novo disco. 

"Pode que fagamos un novo álbum de estudio, si. Teño cancións de sobra. Nunca deixo de escribir e teño moitas dentro do estilo de Immaculate Fools."

En paralelo, Weatherill pretende involucrar algúns músicos galegos no seu proxecto en solitario, Dirty Ray.





TVG







No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.