Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

18 de mayo de 2016

II XORNADA CADROS CONTRA AME












Este ano ao igual que o anterior haberá a XORNADA CADROS CONTRA AME,  coa que se pretende recaudar fondos para a loita contra esta enfermidade a Atrofia Muscular Espiñal.

O 21 de Maio a partires das 11 da mañá na Praza de Alfredo Brañas Lino Silva, Gogue, Lucas Míguez, María José Prado, Tino Chaves e Manolo Paz realizarán en directo un cadro cada un acompañados con música en vivo con Os Demos da Petaca e outros que se irán confirmando en datas próximas.

O rematar, os cadros serán subastados a través da páxina de facebook GaliciAME.

Poderanse puxar durante 10 días por eles e o que máis puxe será o seu propietario.

Unha vez que se adxudiquen, os puxadores terán o prazo de tres días para ingresar o diñeiro na conta de GaliciAME. Unha vez confirmado o ingreso farase a entrega dos cadros.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.