Programa 2016:
Sábado 28 de Maio
Na xornada previa á celebración da XXXV Festa do Labrego na parroquia cambadesa de Vilariño, os máis pequenos poderán gozar entrada a tarde cos xogos populares, cun gran colchón gratuíto e participar no Tiro á Chave. Ademais, levará a cabo unha ruta cabalar desde a área recreativa de Covas de Lobos ata o miradoiro de Lobeira. Finalizada a ruta, terá lugar no punto de partida unha amena cea para todos os xinetes participantes. A nota musical da noite poñerana as orquestras Los Trovadores e Principal.
Domingo 29
Comezan os actos ás 9.00 horas coa alborada a cargo dos grupos folclóricos Os Carballeiras, Os Cruceiros e Volandeira.
Ás 10.00 horas dará comezo o Desfile de Carros do País, Tractores, Cabalos e Carricaos que sairán como é tradición engalanados de flores, desde o campo dá festa de San Adrián ata o novo recinto dá festa de Covas de Lobos, acompañados polos grupos folclóricos e a Banda de Música de Castrelo.
Unha vez no recinto, levará a cabo a presentación da festa, a misa e a repartición de deliciosos chourizos acompañados de pan de millo e viño tinto, que poderán degustar os asistentes mentres se deleitarán coas actuacións folclóricas programadas. Tamén terá lugar a exposición e poxa de produtos agrarios.
Pola tarde celebraranse os típicos concursos de Tiro á Corda, Carreira de Sacos, Pau con Cebo..., o VIII Concurso de Debuxo Festa do Labrego e entregaranse os premios para o tractor e o carro mellor engalanados.
Chegada a noite, os presentes poderán gozar coa verbena amenizada por orquestra Trébol.
Haberá carpa de comida e servizo de pulpería.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.