Louzán chegou ao xulgado arredor das catro da tarde e amosouse tranquilo xa que todo está perfectamente claro e documentado. Afirmou que non puidera asistir a citación do luns pasado porque o avisaran con pouca antelación e xa tiña compromisos pechados.
Os locais estaban alugados ao ex-deputado provincial Severino Reguera. A investigación comezou cunha denuncia anónima que entrou na Fiscalía a finais de 2013.
Instrúe o caso a xuíza de Cambados.
Instrúe o caso a xuíza de Cambados.
Rafael Louzán, asegurou as portas do Xulgado de Cambados que foi "totalmente transparente" no proceso de aluguer de dous baixos comerciais da súa propiedade na zona de Navia, en Vigo, polos que está a ser investigado por un presunto delito de suborno.
En declaracións aos medios ao remate da declaración, explicou que achegou ao xuíz abundante documentación sobre o proceso polo que llos aluga ao concelleiro do PP en Pazos de Borbén e ex deputado provincial, Severino Reguera, e asegurou que a actividade comercial está "absolutamente regrada".
Na súa comparecencia ante a prensa indicou que "baixo ningún concepto" nin el nin o concelleiro Severino Reguera nin a súa muller e co propietaria dos locais, María Teresa Cores, "beneficiámonos de nada". E insistiu en que "seguramente" detrás deste procedemento hai un"interese político" para tentar "danar" a súa imaxe, pois se trata dunha denuncia anónima presentada cando el era presidente da Deputación.
Tras comparecer ante o titular do xulgado durante tres horas, asegurou que toda esta relación comercial inscríbese no seu ámbito "privado" e, de feito, insiste en que o aluguer dos baixos de Navia, nos que o fiscal ve un sobreprezo, é a "única actividade comercial que teño". Os prezos, asegura, son "perfectamente estipulados", acordes cos alugueres que se están pagando na zona e, para iso, achegou contratos de aluguer doutros locais na zona e informes dunha inmobiliaria e unha taxadora.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.