Ardoaraba, está considerada a feira de viño protagonista durante a Ponte da Constitución en Vitoria e o evento Gastronómico Popular de Referencia en Euskadi, celebrándose neste 2015 a 10º edición. Por iso, sendo Cambados a Capital do Viño Albariño, non podía faltar a este evento, posto que é unha gran oportunidade para promocionar e dar a coñecer o noso sector do viño no norte de España.
co emblema “Cambados Enoturismo, Capital del Albariño” os Servicios Turísticos do Concello de Cambados acudiron por terceiro ano consecutivo a esta feira, dando a coñecer a oferta de 11 bodegas de Albariño da nosa vila. Así, bodegas Martín Códax, Condes de Albarei, Aquitania, El Secreto de Candela, Terra de Asorei, A Capitana, Pepa A Loba, Lagar da Cachada, Sotelo e Ouso da Torre, conscientes da importancia de acudir a estes eventos nos que se da a coñecer os seus produtos, non quixeron perder a oportunidade de promocionarse no norte de España, onde o consumo de Albariño está a medrar considerablemente.
A feira levouse a cabo en catro carpas, situadas en distintas prazas, con un total de 42 stands que albergaron 33 bodegas, catro denominacións de orixe e cinco espazos para pinchos. O stand “Cambados Enoturismo, Capital del Albariño” estivo na praza Matxete(300m2), en pleno Casco Medieval de Vitoria, e por onde pasaron segundo datos oficiais da organización máis de 100.000 persoas polas catro carpas ó longo dos catro días que durou a feira.
Os vitorianos réndense ante ás calidades do albariño.
Ademais, a demanda de información foi moi elevada, mostrando interese xeral pola nosa vila. Tras o viño, o centro histórico e a gastronomía foron as cuestións máis demandadas. Sendo, un éxito e un acerto a decisión de asistir un ano máis a feira Ardoaraba, sinalaron desde o concello
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.