
Satisfacción nesta primeira xornada da campaña da voandeira para a frota do bou de vara e do 'talibán' de Cambados e Rianxo.
Malia que as mostraxes apuntan a que non haberá moita cantidade, os mariscadores aseguran que o produto está a ser de moi boa calidade.
Os mariscadores agardan que esta calidade poida compensar a escaseza do produto e salvar a campaña acadando uns bos prezos no mercado.
Para esta campaña as confrarías de Rianxo e Cambados fixaron uns topes de 35 quilos por persoa e un máximo de tres tripulantes por embracación. En canto ás vendas acordaron centralizar en Cambados a voandeira destinada ás fábricas, mentres que a fresca será comercializada en ambas lonxas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.