Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

18 de noviembre de 2015

PRÓXIMAMENTE VEDA TEMPORAL NO LIBRE MARISQUEO








A campaña de libre marisqueo de Arousa permitiu a comercialización de máis de 140.000 quilos de ameixa e reló. Así o trasladou a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez, en resposta a unha pregunta sobre o marisqueo en Arousa na comisión 8ª do Parlamento.
Neste sentido, Susana Rodríguez, explicou que desde o 1 de outubro ata o 13 de novembro extraéronse dos bancos de libre marisqueo de Arousa preto de 9.000 quilos de ameixa fina, máis de 7.700 de ameixa xaponesa, máis de 63.500 de ameixa babosa, preto de 29.000 de ameixa rubia e máis de 31.500 de reló. Esta extracción supúxolle aos mariscadores uns ingresos medios diarios de 104 euros por embarcación.(30 euros limpos)
A directora xeral tamén fixo fincapé nos traballos de rexeneración realizados polas embarcacións que participan na recuperación de zonas mediante traslados de reló de tamaño superior a 35 mm. Neste sentido trasladou que se resembraron máis de 240.000 quilos deste bivalvo.
Por outra banda, a responsable de Desenvolvemento Pesqueiro adiantou que o seu departamento está traballando nun proxecto de orde de paralización temporal da actividade nos bancos de libre marisqueo da ría de Arousa, que contará cun presuposto de arredor de 2 millóns de euros. Esta veda temporal adóptase logo das mortalidades detectadas nestes bancos a causa do parasito Marteilia e dos episodios de intensas choivas do inverno de 2013 e da primavera de 2014. Así, esta medida técnica extraordinaria para protexer as poboacións de moluscos, dá resposta á demanda do sector de contar cunha compensación económica durante o período de tempo que é necesario parar a actividade para protexer o recurso e favorecer a recuperación dos bancos.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.