Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

9 de octubre de 2015

A ASEMBLEA DO SALNÉS ELIXE AO CAMBADÉS EMMANUEL JOVEN NOVO RESPONSÁBEL









Galiza Nova vén de iniciar unha nova etapa na comarca do Salnés coa ampliación da asemblea comarcal coa incorporación de novas mozas e mozos de ensino medio, universitario e traballadoras en precario. A asemblea celebrada este xoves 8 de outubro en Ogrobe, e na que participou o Secretario Xeral de Galiza Nova, Alberte Mera, elixiuse a Emmanuel Joven novo responsábel comarcal. En dita xuntanza as mozas e mozos de Galiza Nova debateron sobre a situación da mocidade na comarca e en Galicia, e xa deseñaron unha serie de actividades reivindicativas para este trimestre, coa denuncia do desemprego e emigración xuvenil coma eixos claves, pois as políticas do estado español, que condenan a mocidade á precariedade e ao éxodo, están a arruinar o futuro da comarca. “O nacionalismo é o camiño de aquelas e aqueles que queren reverter a emigración e a precariedade, de quen queremos conquistar o futuro para a mocidade do Salnés e de toda Galiza”, asegurou Emmanuel.
Emmanuel Joven é de Cambados, onde participa de Galiza Nova e o BNG. É estudante de Publicidade e Relacións Públicas e activista no movemento estudantil nacionalista en denfensa do ensino público e galego e participou nas pasadas eleccións municipais como nº 6 na lista do B.N.G.
Nesta asemblea celebrada o xoves incorporáronse novas mozas e mozos de Ogrobe, Cambados, Vilagarcía e Sanxenxo, que se suman ás compañeiras e compañeiros de  Catoira, Vilanova, a Illa, Meis e Meaño; dando por tanto expansión e organización territorial en toda a comarca ao proxecto da mocidade nacionalista.
Consolídase así un equipo de mozas e mozos nacionalistas con moitas ganas de traballar, mobilizar á xente nova e potenciar o BNG entre a mocidade.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.