Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

19 de septiembre de 2015

O DIA 1 EMPEZA A CAMPAÑA DE LIBRE MARISQUEO







A campaña de libre marisqueo na ría de Arousa comezará o 1 de outubro con cambios na explotación do banco dos Lombos do Ulla, onde unicamente abrirá unha zona concreta para a extracción de ameixa babosa. Así se acordou na reunión celebrada hoxe entre a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez, técnicos da Consellería do Medio Rural e do Mar e os patróns maiores das confrarías da ría de Arousa.
O obxectivo desta xuntanza, que se vén realizando de maneira habitual nos últimos anos antes do inicio da campaña, é avaliar os resultados do informe técnico sobre o estado do recurso nos bancos de libre marisqueo e deseñar o plan de apertura da campaña. Ademais do cambio de xestión no banco dos Lombos do Ulla, acordáronse os topes de captura das especies dispoñibles nos bancos. Estes topes materializaranse na resolución de apertura que se remitirá nos próximos días ao sector.

Por outra banda, nesta reunión concrétaronse cos patróns maiores as medidas de rexeneración do reló nos bancos do Bohído e Cabío. Esta actuación, que tamén comezará o 1 de outubro, consistirá no traslado dos exemplares de reló de talla superior a 35 mm por fóra dos bordes dos bancos marisqueiros nos que abunda. Co obxectivo de facilitar a renovación das poboacións e a explotación comercial desta especie, a Xunta e o sector establecerán unha colaboración a través da cal os profesionais se comprometen a ir trasladando progresivamente reló a unha zona de depósito.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.