Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

21 de julio de 2015

QUE LLE FALTA A FESTA DO ALBARIÑO?






A Festa do Albariño necesita algo!!
Para que?.
Pois para que sexa declarada Festa de Interese Internacional necesita un acto público polo que sexa reconocida.


Hai uns anos estiveron en Cambados, para presenciar "in situ" a festa, unha dúcia de xornalistas internacionais invitados polo Concello, co fin de dar publicidade internacional e dar máis visibilidade a Festa. Estes periodistas falaron maravillas da nosa Festa. Pero apuntaban que o único reseñable e que podían destacar era o Paseo da Comitiva do Capítulo Serenísimo desde o Concello ata Fefiñáns pero que o único que tiña de popular eran os membros do PP que a encabezaban. Sinalaban que a Festa do Albariño necesitaba algo máis.
Ese algo máis podería ser que a Investidura de Damas e Cabaleiros fose máis visible e de carácter aberto. Todas as festas declaradas de Interese Turístico Internacional teñen algo que as destaca sobre outras. A tomatina de Buñol ten a batalla de tomates, algo para nos un tanto estúpido ou simple pero que congrega a milleiros de persoas. Os Sanfermíns teñen os "encierros" que poden chegar a causar mortos pero polo que son conocidos no mundo e así poderíamos falar de outras moitas.
O Desfile de carros do Paos hai anos que desapareceu e podería ser algo especial e digno de reseñar ao igual que as catas que eran á vista pero que agora non se poden facer deste xeito xa que para catar o viño ten que ser en un lugar con determinadas condicións.
Porque como ben decían estes periodistas, o resto é moi bo, concertos, actividades, catas ou o desfile pero que se necesitaba algo no que o pobo participase i estivera presente dunha maneira máis activa e participativa.
Pode ser o nomeamento de Damas e Cabaleiros ese acto?De ser así o Capítulo Serenísimo debería ceder e celebrar o acto na Plaza de Fefiñáns. Polo ben da festa, do Denominación de Orixe (adegas e viticultores), do propio Capítulo, do Concello de Cambados e dos cambadeses e cambadesas.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.