Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

13 de julio de 2015

O JUVENTUD DE CAMBADOS A BEIRA DO PRECIPICIO









Pasadas as 12:00 de  onte domingo comezaba a asemblea extraordinaria na que o punto a tratar era suficientemente importante como para non acudir. Medio cento de socios e afeccionados acudiron a convocatoria.
A finalidade da convocatoria era poñer en coñecemento dos socios a "situación real do club", que atravesa momentos delicados debido á demanda por non pagamento de salarios de varios xogadores da tempada 2012-2013.

 Fontán anunciou que ao longo desta semana espera poder anunciar un acordo con eles que está aínda a perfilarse.
O presidente reiterou a importancia de lograr a retirada desta denuncia dos xulgados, dado que "de resolverse favorablemente para os xogadores, podería supoñer a desaparición do club". Sempre sen desbotar todalas as posibilidades.

Máis de 30.000  euros de débedas lastran o futuro do Cambados e poden abocalo a sua desaparición.
A parte positiva é que, segundo Fontán, "hai predisposición por parte deles, xa que saben que a situación do club pasa por chegar a un acordo e que eles cedan un pouco", polo que se segue traballando en deseñar formas de pagamento do que se lles debe.
Os socios responderon a estas noticias favorablemente e manifestando tamén a súa vontade de axudar en todo o que fora necesario. Incluso o adiantar o pago de carnét de socio de varios anos. Ou aportacións económicas en forma de donativos reintregables.


Tamén se puxo en coñecemento dos socios a campaña de captación de socios e como se vai definindo plantel de xogadores para a vindeira tempada.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.